headphone
Usa auriculares para mellorar a túa experiencia.
DIRECTOR
about-img
Roberto Hermida Rey
Roberto Hermida Rey nace en Gres (Vila de Cruces) no ano 1974. Tiña sete anos cando o mestre José Casal lle ensinaba as primeiras leccións de solfeo, coincidindo coa fundación da Banda Unión Musical Ponteledesma.
Un ano máis tarde, comeza os estudos de bombardino co mestre Bernardo García Del Río. Posteriormente, convértese en alumno de Daniel Sánchez, polo que no ano 1995 inicia a súa carreira no mundo do trombón. Realiza o servizo militar no ámbito da Banda de Música da Unidade de Cuartel Xeral da Rexión do Noroeste, con base na Coruña.
É membro fundador da Agrupación Instrumental Harmonía, coa que ofrece anualmente concertos por toda Galicia, e do cuarteto de tubas e trombóns "Tubatrom". No ano 1999, funda a Banda Sinfónica do Deza e pasa a ser membro da Banda Sinfónica de Galicia. Tamén é neste ano cando ocupa o posto de trombonista na Xoven Orquestra Sinfónica de Galicia, á que asiste regularmente a encontros de todo tipo, chegando a compartir escenario con solistas de renome como Montserrat Caballé.
No ano 2000 é invitado pola Banda da Federación Galega a formar parte da sua plantilla, así como pola Banda Sinfónica das Rías Altas. Faise cargo neste mismo ano da direción da Banda de Música de ForcareI e da sua escola.
Actuou baixo prestixiosas batutas como son Marcel Van Bree, Miguel Rodríguez Barrio, Indalecio Fernández Groba, Rosendo Ivorra, James Ross, José Luís Represas, José Collado, Santos Bartolomé, Jhoan Company, Michael Gilbert, Vicente Alberola, Rogelio Groba. Asiste regularmente a clase de direción co mestre Marcel Van Bree e a cursos con James Ross e Michael Gilbert.
No ano 2002 gaña por oposición a plaza de Bombardino solista na Banda de Música Municipal de Orense e colle a batuta da sua banda, Unión Musical Ponteledesma
headphone